Down Pontevedra Xuntos
Fotografías © IEA Yolanda Gómez y Oscar Carballal

A Asociación Xuntos

Down Pontevedra - "XUNTOS", Asociación de Síndrome de Down nace un 26 de Decembro de 1991, despois de que un grupo de pais/nais e familiares de persoas coa Síndrome de Down (motivados principalmente pola falta de servizos de apoio) decidiran xuntarse para acadar un obxectivo común: mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e como consecuencia conseguir a inclusión destas persoas en todos os ámbitos (escolar, familiar, social, laboral...).

A Asociación, constituída sen ánimo de lucro, ten personalidade xurídica propia, independente da dos seus asociados e extende a súa actividade á zona norte da provincia de Pontevedra así como ás poboaciones limítrofes que poidan verse beneficiadas.

Na actualidade Down Pontevedra "Xuntos" presta atención a persoas coa Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Para acadar o noso obxectivo as persoas coa Síndrome de Down deben comezar por:

• Gozar de todos os seus dereitos.
• Ter cubertas as súas necesidades e expectativas.
• Poder desenvolver todas as súas potencialidades.
• Ocupar un lugar activo na sociedade.

Dende Down Pontevedra "Xuntos" traballamos pola igualdade, nunha sociedade aberta e plural, libre de prexuízos cara a discapacidade, que se sinta enriquecida coa diversidade e coa participación activa das persoas coa Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, polo que se debe dar unha actitude social positiva cara ás persoas con discapacidade.

Respecto ós nosos sinais de identidade, poderiamos destacar:

 

• Servizos prestados por profesionais cualificados.
• Aposta pola normalización e a inclusión.
• Aposta polo uso de servizos ordinarios da comunidade.
• Prestación de servizos a outras persoas con discapacidade intelectual.
• Colaboración con outras entidades e colectivos.

A SÍNDROME DE DOWN

A Síndrome de Down é o conxunto de características que se manifestan nunha persoa como consecuencia dunha alteración xenética: a presenza nas súas células dun cromosoma extra no par 21, é dicir, 47 cromosomas en lugar de 46. Por esta razón tamén se chama trisomía 21. Aínda que estas características varían notablemente dunhas persoas a outras (non todas as persoas coa Síndrome de Down as presentan todas), poderíanse xeneralizar nas seguintes:

• Algúnhas características faciais e físicas particulares coma ollos lixeiramente sesgados, pelo liso, mans pequenas, menor estatura, hipotonía muscular...
• Unha maior incidencia de determinados problemas de saúde.
• Un retraso no desenvolvemento físico e intelectual.

A estrutura molecular do cromosoma 21 extra confire unha serie de alteracións xenéticas, que á súa vez condicionan a estrutura e a función do cerebro e do sistema nervioso, e inflúen sobre a aprendizaxe e a conduta das persoas coa Síndrome de Down.

Non hai dúas persoas iguais. Cada unha é única e as persoas coa Síndrome de Down tamén son moi diferentes entre si, cada unha posúe unhas potencialidades de desenvolvemento, unha personalidade, unhas habilidades sociais, unhas competencias, un nivel cognitivo, unha autonomía... distintas.

A nosa misión é apoiar ás persoas coa Síndrome de Down a desenvolver todas as súas potencialidades, tendo en conta que este proceso será algo máis lento e longo, pero que a persoa coa Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais, con apoio, chega a adquirir uns avances considerables.



Contacto

Down Pontevedra "Xuntos"
Calle Cobián Roffignac Nº9 2º
36002 Pontevedra

Teléfono: 986 865 538
Fax: 986 865 538
Mail: xuntos@downgalicia.org


Novas recentes

 Logremos un doodle para o Día Mundial da Síndrome de Down!

A idea e que Google dedique á Síndrome de... máis

 DESFILE CABALGATA GRUPO DE TEATRO AXÓUXERE

Este sábado día 9 de Febreiro temos unha cita pendente cos/as nosos/as máis

 "ALIMÉNTATE SEN GLUTEN"

O pasado 9 de Xaneiro... máis


Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Imagen en acción Deputación de Pontevedra Concello de Pontevedra Xunta de Galicia